A biblioteca galáctica contra a IA fantástica

Imaxe

Celebra con nós o Día das bibliotecas cun espectáculo "bibliogaláctico"

A BIBLIOTECA GALÁCTICA CONTRA A IA FANTÁSTICA é un espectáculo de teatro infantil con monicreques e música. Unha disparatada comedia de aventuras protagonizada por algunhas das personaxes máis senlleiras da literatura infantil galega.

O rato que coida da Biblioteca Galáctica descobre que unha ameaza se torna sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis. Nunha loita contra o reloxo, o rato bibliotecario Ramón Lamote e Sara deberán loitar contra o malvado profesor Smith e a súa IA fantástica para liberar os seus amigos Toribio, Espantallo Amigo e Lobo Namorado da súa maléfica influencia.

A adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un canto á amizade, á solidariedade e unha defensa dos libros, da lectura e da palabra escrita fronte a unha Intelixencia Artificial que quere acabar coa imaxinación e a fantasía.

Tanxarina Títeres e o dramaturgo Carlos Labraña unen as súas forzas para celebrar o 75 aniversario da editorial Galaxia.

Tanxarina Títeres, premio da Crítica 2024, é unha compañía de teatro de monicreques galega, con máis de corenta anos de traxectoria artística. Contan con seis premios de teatro María Casares e participaron en festivais por Europa e América con grande éxito de público e crítica.

Carlos Labraña é un dos escritores máis premiados da literatura dramática infantil en lingua galega. Entre os seus galardóns máis recentes están o Manuel María de literatura dramática infantil en 2024, o Barriga Verde de textos para teatro de títeres, ou O Facho de teatro infantil en 2025.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

DATA: sábado 25 de outubro

PÚBLICO: familiar

LUGAR: Auditorio da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18:00 horas

DURACIÓN: 50 minutos

PRAZAS: 120

De balde, precisa inscrición na web da CdC

tanxarina_1