A BNE habilita o antigo Catálogo de Autoridades

A Biblioteca Nacional ofrece esta solución provisional para os profesionais mentres se completa a integración da nova versión en Alma

A Biblioteca Nacional de España habilitou de novo o antigo Catálogo de Autoridades da BNE para todas as persoas usuarias que queiran consultar as coleccións e os recursos da institución mentres se completa a integración da nova versión en Alma.

Esta solución provisional axudará aos profesionais coas palabra clave na catalogación de todo tipo de rexistros bibliográficos. Terá algunhas limitacións xa que a última actualización dos datos é de xullo de 2024, mes no que a BNE comezou a migración do seu sistema bibliotecario.

O paso de Symphony a Alma permitiralle a BNE a renovación de todos os servizos dirixidos ao público e de diversos aspectos tecnolóxicos e de xestión bibliotecaria, con novos procedementos na xestión automatizada das súas coleccións como o Depósito Legal, a reutilización de datos bibliográficos externos e unha maior e mellor integración no tratamento das publicacións físicas e electrónicas.