Cacho Animalada!

Imaxe

Espectáculo na BdG polo Día da Narración Oral 2024

Cacho animalada! é unha sesión de narración oral e música para público familiar que ofrece a Biblioteca de Galicia para celebrar o Día da Narración Oral. A narradora Vero Rilo acompáñase esta vez da guitarra e da voz (e outros trebellos) do multifacético Luís Iglesias. Así, aventúranse xuntos nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil...

Todo o repertorio vai da man da música, da alegría, dos animais e, por que non?, de certas animalas...Son tempos de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro: raposos, merlas, toupas, nenas, nenos... Corredes con nós? Cacho animalada! é un espectáculo fresco e despreocupado para gozar en familia.

Info práctica

De 17.00 a 18.00 horas
Auditorio Neira Vilas
Público: Familiar
Narración e Música: Vero Rilo e Luís Iglesias 
De balde, previa reserva na web https://www.cidadedacultura.gal/