Caderno botánico

Imaxe

Obradoiro para adultos de ilustración con acuarela dentro da celebración do Mes da ciencia nas bibliotecas

Descubre o apaixonante mundo das plantas a través deste obradoiro de ilustración con acuarela, onde traballaremos unha mirada diferente.

A natureza é un mundo apaixonante no que nunca deixamos de descubrir cousas novas e o caderno de debuxo é o medio perfecto para rexistralas. Traballaremos con elementos botánicos, principalmente follas, as cales aprenderemos a mirar con ollos curiosos e analíticos para despois debuxalas e pintalas con acuarelas ao máis puro estilo do explorador naturalista.

Non fai falta saber ilustrar nin é necesario ter experiencia previa coas acuarelas, só ter ganas de observar e gozar da natureza. Malia que se proporcionará o material necesario, @s asistentes poden traer as súas propias ferramentas de debuxo.

Información práctica

 

ACTIVIDADE: Obradoiro de ilustración con acuarela

TÍTULO: Caderno botánico

IMPARTE: Clara Cerviño

DATA: 21 de novembro

PÚBLICO: Adulto

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18:00 a 20:00 horas

DURACIÓN: 120 minutos

PRAZAS: 15

De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/caderno-botanico-obradoiro-de…

caderno_botanico_2