Chaves invisibles | Letras Galegas 2026 na Biblioteca de Galicia

Imaxe

Unha viaxe chea de historias, música e imaxinación abre as portas do universo literario de Begoña Caamaño no espectáculo de Vero Rilo e Luís Iglesias

Unha viaxe chea de historias, música e imaxinación abre as portas do universo literario de Begoña Caamaño en Chaves invisibles, o espectáculo con música ao vivo de Vero Rilo e Luís Iglesias que nos convida a mergullarnos na palabra da homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

A Biblioteca de Galicia acolle este domingo día 17 de maio esta proposta que convida ao público a facer unha viaxe por historias de fantasía e aventura, con nenas valentes, mulleres sabias, seres mitolóxicos e relatos que atravesan o tempo. A viaxe constrúese da man do libro Bego e o mundo do revés, de Iria Collazo López, e doutros relatos que fan da palabra un espazo de descubrimento constante.

Chaves invisibles é unha festa musical que celebra a lectura como un territorio de liberdade, onde cada historia funciona como unha chave e cada nena ou neno é quen a fai xirar.

Vero Rilo, narradora de contos e historias de vida, combina a tradición oral con música, memoria e unha mirada feminista e comprometida. Luís Iglesias, músico e artista multidisciplinar, achega a creación sonora e a guitarra, cunha ampla traxectoria en proxectos escénicos e culturais. Xuntos dan forma a unha proposta que une narración e música para celebrar o poder das historias compartidas.

Día das Letras Galegas 2026

ACTIVIDADE: Espectáculo con música ao vivo

TÍTULO: CHAVES INVISIBLES

COMPAÑÍA: Vero Rilo & Luís Iglesias

DATA: 17.05.2026

PÚBLICO: Familiar e infantil (recomendado a partir de 7 anos)

LUGAR: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18:00 horas

DURACIÓN: 45 minutos

De balde, previa inscrición na web da Cidade da Cultura

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con 
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Día das Letras Galegas