Coas mans na masa | Obradoiro polo Día do Libro

Imaxe

A Biblioteca festexa esta efeméride tan especial cunha actividade que mestura a cociña, a plástica e a narración oral

Un quilo de fariña, un puñado de sal, un chorro de pintura e unha boa historia son os ingredientes necesarios para gozar do obradoiro Coas mans na masa. Utilizando como escusa o proceso de elaboración do pan, a Biblioteca de Galicia, quere festexar o Día do Libro, achegando á cativada mundos tan atractivos como a cociña, a plástica e a narración oral. 

Neste obradoiro, baseado no álbum Maruxa e que terá lugar o domingo ás 12 horas, os nenos e nenas aprenderán todos os segredos para facer un bo pan pero, nesta ocasión, a masa a preparar non irá para o forno, senón que servirá para dar forma a personaxes e construír un conto en conxunto.

Información práctica

Obradoiro: Coas mans na masa

Imparte: OQO

Data: domingo 27 de abril

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Horario: 12.00 horas

Duración: 90 minutos

Público: infantil, de 5 a 12 anos

Prazas: 24

Entrada de balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura

Coas mans na masa