Comed[IA] | Teatro con motivo do Mes da Ciencia

Imaxe

A Biblioteca acolle unha proposta que combina humor, música e unha viaxe polo universo da carreira espacial, as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial

O espectáculo Comed[IA], de Píscore, chega este sábado 31 de outubro á Biblioteca de Galicia cunha proposta que combina humor, música e unha viaxe polo universo da carreira espacial, as novas tecnoloxías e a Intelixencia Artificial.

Dirixida por Fran Rei, esta cuarta montaxe de creación propia da compañía explora algunhas das grandes incógnitas sobre o espazo: chegaremos a habitar Marte? Hai vida noutros planetas? Como soaría a música máis alá da Vía Láctea?

Con gags trepidantes, referencias cinematográficas e unha mirada humorística sobre a actualidade, Comed[IA] incorpora tamén novos instrumentos, como o theremin e o otamatone, nun espectáculo protagonizado por astronautas, extraterrestres e naves espaciais.

Teatro polo Mes da Ciencia

ESPECTÁCULO: COMED[IA]

COMPAÑÍA: Píscore

ELENCO: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas

DIRECCIÓN: Fran Rei

DATA: 31/10/2026

PÚBLICO: Xeral, de 14 anos en diante. 

LUGAR: Auditorio da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 19.00 horas

DURACIÓN: 50 minutos

PRAZAS: 125

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Teatro polo Mes da Ciencia