Con lingua propia, de Peter Punk | Circo na Biblioteca de Galicia

Imaxe

Polo Día Europeo das Linguas chega á biblioteca un espectáculo para reivindicar o pracer de falar, xogar e rir na nosa lingua

E se a lingua tamén servise para facer malabares? Peter Punk chega á Biblioteca de Galicia co espectáculo Con lingua propia no que o galego se xoga, se retorce e se lanza polo aire con motivo do Día Europeo das Linguas. 

Entre xogos de palabras e habilidades circenses, o pallaso máis irreverente da escena galega reivindica o pracer de falar, xogar e rir na nosa lingua. Cun espectáculo que xorde da colaboración do artista filólogo Brais Gutiérrez, Peter Punk constrúe unha proposta na que a comedia se converte nunha forma de achegar a lingua ao público miúdo. 

Conmemoración do Día Europeo das Linguas

ACTIVIDADE: Circo, clown, malabares, humor

TÍTULO: CON LINGUA PROPIA

COMPAÑÍA: Peter Punk

DATA: 26.09.2026

PÚBLICO: Familiar e infantil

LUGAR: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18.00 h.

DURACIÓN: 60 minutos

PRAZAS: 125

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Día Europeo das Linguas