Con outras palabras: achégate á tradución!

Imaxe

Día da tradución na Biblioteca de Galicia

Sabes a cantidade de libros que lemos pero que se escribiron orixinalmente noutras linguas?

A tradución é toda unha arte! Un proceso que debemos aprender a valorar, xa que nos permite coñecer historias ás que, doutro xeito, nunca chegariamos.

A Biblioteca de Galicia quere celebrar o Día da tradución con esta actividade que achega o proceso de tradución á cativada de xeito dinámico e divertido para poñer en valor a diversidade lingüística e o luxo de poder acceder a libros escritos noutros lugares. Durante a actividade, tamén se explorará a combinación de imaxe e palabra a través dos libros ou álbums ilustrados.

Info práctica

De 18:00h a 19:30h
Aula I da Biblioteca de Galicia
Imparte: Árbore Azul
De 9 a 12 anos
De balde, previa inscrición na web https://www.cidadedacultura.gal/