Celebra o Día de Rosalía na BdG
Con motivo do Día de Rosalía, que se conemora cada 23 de febreiro coincidindo coa data de nacemento da escritora, a Biblioteca de Galicia organiza esta actividade centrada na súa figura e enfocada na cativada, que terá lugar ao día seguinte, o sábado 24.
A partir do libro Miña casiña, meu lar, editado por Galaxia e ilustrado por Blanca Millán, mergullarémonos nunha viaxe na que iremos contando a historia xogando coa voz, co corpo e coa creatividade. Un contacontos que medra a través de posturas de ioga, de sons, do ritmo da respiración e da imaxinación da cativada participante. O obxectivo é fomentar o costume de ler e a creatividade, ademais de introducir a respiración consciente e a práctica de ioga.
Info práctica
De 17.00 a 18.30 horas
Aula I
Público: 6 a 10 anos
Duración: 90 minutos
Imparte: Árbore Azul
De balde, previa reserva de praza na web https://www.cidadedacultura.gal/