Día Internacional da Muller na BdG
Con motivo da conmemoración do Día da Muller, a Biblioteca de Galicia organiza xunto co CSIC unha conversa distendida e interactiva entre as persoas asistentes e un investigador, Miguel García Fernández, especializado no estudo da historia das mulleres. O obxectivo é o de debater sobre os silencios que aínda persisten, tanto no ámbito da investigación coma no da divulgación e na ensinanza da historia, respecto do papel e o protagonismo que tiveron as mulleres na historia de Galicia.
Co obxectivo da animar ao debate, a sesión acompañarase dunha merenda con café/chocolate, rompendo así co sistema tradicional de relatorios ou leccións maxistrais. A persoa responsable de guiar a conversa-café ofrecerá algunhas claves coas que animar, por medio de lecturas de fontes históricas e de investigacións xa publicadas, unha revisión do noso pasado que permita coñecer o protagonismo das mulleres en ámbitos que van desde o social e o económico ao cultural e político.
Durante a conversa entregarase ás persoas asistentes un caderno de traballo con información sobre os temas a debater.
Info práctica
De 18.30 a 20.00 horas
Aula I
Público: Adulto
Imparte: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC)
De balde, previa reserva na web https://www.cidadedacultura.gal/