Coralinda, de Elefante elegante | Teatro na Biblioteca de Galicia

Imaxe

Un espectáculo cómplice e sensible que aborda as diferenzas, os prexuízos e a posibilidade de transformar os espazos que habitamos

Coralinda é unha comedia xestual, ao estilo dos debuxos animados, que invita aos nenos e nenas a reflexionar sobre a discriminación por razón de raza, xénero ou clase social.

Nun lugar cincento vive un señor vestido de gris que manipula caixas, tamén cincentas. A chegada dunha muller cun vestido cheo de cor e unha actitude exuberante altera por completo ese escenario. Poderán construír xuntos un lugar diferente, no que haxa espazo para máis cores e máis persoas?

Un espectáculo cómplice e sensible que aborda as diferenzas, os prexuízos e a posibilidade de transformar os espazos que habitamos e que acolle a Biblioteca de Galicia o sábado día 19 con motivo do Día da Alfabetización.

Teatro polo Día da Alfabetización

TÍTULO: CORALINDA

COMPAÑÍA: Elefante elegante

DATA: 19.09.2026

PÚBLICO: Familiar e infantil (a partir de 3 anos)

LUGAR: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18.00 h.

DURACIÓN: 45 minutos

PRAZAS: 125

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Día da Alfabetización