Crea o teu propio minilibro | Obradoiro con motivo do Día das Bibliotecas

Imaxe

A Biblioteca de Galicia acolle un obradoiro no que a cativada dará vida a unha historia con técnicas como a colaxe, a estampaxe e o debuxo

E se puideses inventar unha historia e convertela nun libro feito coas túas propias mans? Para celebrar o Día das Bibliotecas, Pedras de Papel propón un obradoiro no que ler, pensar, crear e xogar van da man e que terá lugar este sábado 24 de outubro na Biblioteca de Galicia.

A través da descuberta de encadernacións orixinais e do xogo co azar e a sorpresa, cada participante creará o seu propio minilibro, dando vida a unha historia con técnicas como a colaxe, a estampaxe e o debuxo. Unha oportunidade para experimentar, deixar voar a imaxinación e e que a cativada se convirta en escritora, ilustradora e editora da súa propia publicación. 

Obradoiro polo Día das Bibliotecas

IMPARTE: Pedras de papel

DATA: 24/10/2026

PÚBLICO: Infantil, de 6 a 11 anos

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 17.30 h.

DURACIÓN: 90 minutos

PRAZAS: 15

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Día das bibliotecas