A proposta de narración oral con música e cancións afonda na migración galega con especial atención á figura da muller
A Biblioteca de Galicia organiza, con motivo do Día da Diversidade Cultural, o espectáculo De ida e volta, unha proposta de narración oral con música e cancións ao vivo da man de Cris de Caldas e Amor Herrera.
De ida e volta afonda na migración galega, con especial atención aos procesos migratorios das mulleres, a través dun percorrido polos tránsitos desde Galicia cara a Cuba e polas conexións culturais e sociais entre ambos os países.
A peza combina poesía, música e cancións en directo para reivindicar a memoria como ferramenta imprescindible para comprender o noso pasado e construír un presente e un futuro máis humanos. Un espectáculo emotivo e íntimo que convida á reflexión e ao encontro entre culturas.
Día da Diversidade Cultural
ACTIVIDADE: Espectáculo de narración oral con música ao vivo
TÍTULO: DE IDA E VOLTA
CON: Cris de Caldas e Amor Herrera
DATA: 23.05.2026
PÚBLICO: Adulto
LUGAR: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia
HORARIO: 19:00 horas
DURACIÓN: 60 minutos
De balde, previa inscrición na web da Cidade da Cultura
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con
bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)