De ler palabras a entender historias | Conversa con Teresa Neira na Biblioteca de Galicia

Imaxe

A Biblioteca acolle unha charla polo Día da Alfabetización para entender mellor as aprendizaxes nas primeiras idades e como acompañalas desde casa

Aprender a ler é moito máis que recoñecer letras e xuntar palabras. É comprender o que temos diante, facernos preguntas, descubrir novas ideas e, pouco a pouco, construír o noso propio sentido do que lemos.

Neste proceso, as crianzas non aprenden soas. Escola e familias comparten un papel fundamental á hora de acompañar os primeiros pasos na lectura e na escritura.

Na charla De ler palabras a entender historias, que se celebra na Biblioteca de Galicia o mércores 16 de setembro con motivo do Día da Alfabetización, Teresa Neira achegarase de forma clara e próxima aos procesos que se poñen en marcha nas primeiras idades para aprender a ler e escribir. Un espazo para entender mellor como se desenvolven estas aprendizaxes e descubrir maneiras de acompañalas desde a casa.

Teresa Neira é mestra de Educación Infantil e conta con máis de 30 anos de experiencia nesta etapa. Especializada no ensino e aprendizaxe da linguaxe escrita desde un enfoque construtivista, imparte habitualmente formación a docentes e familias, tanto en Galicia como no resto do Estado.

Conversa polo Día da Alfabetización

TÍTULO: DE LER PALABRAS A ENTENDER HISTORIAS

IMPARTE: Mª Teresa Neira González

DATA: 16.09.2026

PÚBLICO: Público xeral

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 19.00 horas

DURACIÓN: 1 hora

PRAZAS: 30

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Día da Alfabetización