Descobre cantos macro e micro plásticos hai no mar

Imaxe

Como remate da conmemoración do Mes da ciencia en galego a Biblioteca de Galicia organiza esta actividade para concienciar á rapazada sobre a contaminación mariña

Un obradoiro divulgativo sobre a presenza e impacto do lixo mariño, baseado no traballo científico realizado polo Centro Oceanográfico de Vigo que combinará a parte teórica con material visual (imaxes, gráficos, vídeos curtos...) e co equipamento utilizado polos científicos do IEO na monitorización das augas mariñas (manta de mostraxe, lupa binocular...). 

Tamén se contará con diferentes tipos de lixo mariño recollido polos investigadores para que a rapazada poida examinalos. Deste xeito entenderán que son os macro e os microplásticos, como afectan aos ecosistemas mariños e á biodiversidade (por exemplo, realizando pesca fantasma ou transportando especies exóticas) e á saúde humana. 

A través de exemplos prácticos, datos reais e métodos de investigación actuais, mostrarase o proceso de recollida, análise e estudo dos microplásticos en distintas matrices: auga, sedimentos e organismos mariños.

Información práctica

ACTIVIDADE: Obradoiro

TÍTULO: Descubre cantos macro e micro plásticos hai no mar

IMPARTE: CSIC

DATA: 29 de novembro

PÚBLICO: de 8 a 12 anos

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 17.00 horas

DURACIÓN: 60 minutos

PRAZAS: 20

De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura

mesdaciencia_3