A Biblioteca segue a festexar as Letras Galegas cunha actividade para os cativos que busca exaltar a herdanza das mulleres homenaxeadas este ano
A Biblioteca de Galicia segue a festexar a Semana das Letras Galegas cunha actividade para os máis cativos da casa. Desde Rosalía ata as cantareiras é un obradoiro multidisciplinar de pequeno formato que fai un percorrido e combina narración oral e a música, como fío condutor, con percusión e canto tradicional utilizando pedras, cunchas e pandeiretas.
O seu obxectivo é exaltar a herdanza de todas mulleres homenaxeadas neste Día das Letras Galegas, dende a gran Rosalía de Castro ata as cantareiras de todo o noso territorio facendo especial fincapé nestas e no cancioneiro popular.
Información práctica
Obradoiro: Desde Rosalía ata as cantareiras
Imparte: A xanela do maxín
Data: domingo 25 de maio
Público: Infantil, de 5 a 12 anos
Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia
Horario: 12.00 horas
Duración: 50 minutos
Prazas: 20
De balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura
Se as prazas están esgotadas, estate atento porque poden quedar prazas libres ao haber anulacións.