Día das bibliotecas 2025

Imaxe

Achégate á Biblioteca de Galicia para celebrar o noso día

Un ano máis, este xoves 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas.  A Biblioteca de Galicia celébrao organizando unha visita guiada na que os visitantes que nos acompañen poderán descubrir os lugares menos coñecidos do noso centro.

Da man do noso persoal técnico, explicaremos polo miúdo os servizos que prestamos, os diferentes tipos de materiais que conservamos e ensinaremos os nosos espazos de acceso restrinxido que conservan algunhas das obras máis importantes do patrimonio bibliográfico galego.

Ademais, ao longo da xornada, e como levamos facendo nos últimos anos, regalaremos bolsas sorpresas de libros ás persoas que se acheguen a celebrar con nós este día. 

Información práctica

Visita guiada de 12.00 a 13.00

Reservas en bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)

Capacidade: 20 persoas

imaxe_prensa