Día do Libro na Biblioteca de Galicia

Imaxe

Visita guiada e agasallo de libros para celebrar a efeméride do 23 de abril

Como cada ano o 23 de abril, a Biblioteca de Galicia únese á celebración do Día do Libro cunha proposta que trata de achegar o funcionamento da institución ao público, abrindo as súas portas a unhas visitas guiadas que percorren lugares das instalacións ás que non se pode acceder normalmente. Ademais, como é costume neste tipo de celebracións, haberá agasallo de libros sorpresa para as persoas usuarias que se acheguen durante esta xornada á Biblioteca.

Visitas guiadas

Nestas visitas especiais que organiza a Biblioteca co motivo de efemérides específicas, o persoal técnico explicará aos asistentes os servizos que ofrece a institución, amosando espazos de acceso restrinxido onde se custodian a maior parte dos seus fondos. 

A visita nesta xornada será en horario de mañá, ás 12.30 horas, e durará unha hora aproximadamente. A proposta é de balde e precisa inscrición mediante un envío dunha mensaxe con nome e apelidos ao correo electrónico bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal) ate esgotar as 15 prazas dispoñibles.

Agasallo libros

A Biblioteca selecciona para esta ocasión unha serie de libros para completar cen bolsas de agasallo. Todas as persoas que se acheguen ás instalacións durante a xornada do 23 de abril poderán coller unha destas bolsas sorpresa, situadas no mostrador de acceso á sala de consulta. Entregaranse ata agotar existencias.

Información práctica

Visita guiada á Biblioteca de Galicia polo Día do Libro 2025

Data: mércores 23 de abril

Hora: 12.30 horas

Duración: 60 minutos

De balde, previa inscrición enviando un correo con nome e apelidos á dirección bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)

Número de prazas: 15

Día do Libro