Con motivo desta efeméride, a Biblioteca de Galicia agasallará bolsiñas de libros sorpresa a toda os nenos e nenas que se acheguen ata o centro
Dúas creadoras neerlandesas
Rian Visser (1966) é unha poeta e escritora de libros infantís neerlandesa. Escribe libros divertidos e emocionantes que se adaptan perfectamente aos intereses da rapazada. Xunto á ilustradora Janneke Ipenburg creou as coleccións de poesía Alle wensen van de weld (2021) e Het is een zachte dag vandaag (2024). En 2022 gañou un Zilveren Griffel e a Gouden Poëziemedaille (Medalla de Ouro de Poesía). Visser é unha persoa moi activa no ámbito educativo.
Deseña clases dixitais sobre escritura creativa e fomento da lectura que os profesores poden utilizar de forma gratuíta. Desde 2024 ata 2026 foi nomeada oficialmente Poeta Infantil dos Países Baixos.
Janneke Ipenburg (1979) é unha ilustradora neerlandesa de libros infantís. Ilustrou dúas coleccións de poesía con Rian Visser, entre elas Het is een zachte dag vandaag (2024). Como autora e ilustradora creou o libro Voor altijd bij jou (2023), unha historia sobre como estar conectado a pesar dunha distancia inconmensurable.
Ademais do seu traballo como ilustradora infantil, Janneke traballou en varias películas de animación e actualmente traballa como deseñadora de personaxes nunha gran película de animación stop-motion chinesa. En 2023 estivo na listaxe de finalistas dos World Illustration Awards