Primeiro obradoiro para a rapazada do Mes da ciencia en galego na Biblioteca de Galicia
Neste obradoiro a rapazada aprenderá xogando sobre arqueobotánica, a ciencia que estuda as plantas que utilizaban as persoas hai moitísimos anos.
Os rapaces e rapazas converteranse en pequenos/as investigadores/as do Laboratorio de Arqueobotánica do INCIPIT (CSIC). Mirando cunha lupa os carbóns que aparecen nas escavacións arqueolóxicas e xogando con imaxes ampliadas de diferentes tipos de madeira, tentaremos adiviñar de cal se trata.
Descubriremos como é por dentro unha árbore, que historias quedan gravadas nos seus aneis, para que se usaba a madeira antigamente e moito máis.
Información práctica
ACTIVIDADE: Obradoiro
TÍTULO: E ti de quen vés sendo? Aprende a identificar madeiras xogando.
IMPARTE: CSIC/INCIPIT
DATA: 8 de novembro
PÚBLICO: infantil de 8 a 12 anos
LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia
HORARIO: 17.00 horas
DURACIÓN: 90 minutos
PRAZAS: 20
De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura