(Est)ética. A poesía antes do poema

Imaxe

Encontro con Olga Novo para celebrar o Día das escritoras

A través de varios obxectos a poeta Olga Novo percorrerá a materialidade que conecta a estética coa ética, amosando como a poesía -como coñecemento intuitivo- se manifesta antes do poema. E como este comunica un posicionamento ético ante o mundo.

  • Historia dunha manta.
  • Historia dunha améndoa.
  • Historia dun niño.
  • Historia dun seixo.

As pequenas cousas d@s subaltern@s que contan e que cantan desde a beleza e desde a verdade.

Información práctica

 

PÚBLICO: xeral

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18:00 a 20:00 horas

DURACIÓN: 120 minutos

PRAZAS: 20

De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura

imaxe_olga_novo