Fai a túa caixa-conto das cantareiras | Obradoiro polas Letras Galegas 2025

Imaxe

A Biblioteca acolle unha actividade na que a cativada aprenderá a realizar un diorama, un teatriño a partir de cantigas e poemas

E se levamos as cantareiras ao teatro?

Neste obradoiro da Biblioteca de Galicia con motivo das Letras Galegas 2025 a cativada aprenderá a realizar un diorama, que é a representación tridimensional dunha escena, a partir de cantigas e poemas ou contos dos nosos libros favoritos.

Esta técnica para a creación dun pequeno teatro permite conectar disciplinas como as artes visuais, a literatura, a dramaturxia e a música. Así, os nenos e nenas poderán crear o seu propio escenario para narrar unha historia convertendo unha caixa de cartón nunha auténtica peza artística. 

Información práctica

Obradoiro: Diorama. Fai a túa caixa-conto das cantareiras

Imparte: Teatro Babaluva

Data: sábado 7 de xuño

Público: infantil, de 6 a 12 anos

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Horario: 17.30 horas

Duración: 120 minutos

Prazas: 15

De balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura

Se as prazas están esgotadas, estate atento porque poden quedar prazas libres ao haber anulacións. 

Para calquera consulta escribe a bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)

Obradoiro diorama