A Biblioteca de Galicia inicia as súas actividades para celebrar o Mes da ciencia en galego coa proxección dun documental e unha conversa posterior sobre o gran cartógrafo galego.
A figura do matemático e xeógrafo Domingo Fontán é apaixonante. Hai case 200 anos elaborou o Mapa Cartográfico de Galicia, ao que lle dedicou 17 anos da súa vida.
En 1817 comezou a percorrer toda Galicia anotando cada montaña, río, ponte ou igrexa nunha área de máis de 29.000 kilómetros cadrados sen deixar un só metro sen pisar, rexistrar ou medir. Foi este o primeiro mapa realizado con rigor científico en España.
Para coñecer a extraordinaria vida e traxectoria deste sabio, matemático, científico, político e filósofo proxectarase o documental Fontán. O primeiro rostro de Galicia e descubriremos da man de tres expertos: Elena Vázquez, catedrática de matemáticas da USC; Alberto Fortes, autor do libro A viaxe xeométrica de Domingo Fontán e Francisco Alberto Varela, profesor do Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía da Universidade da Coruña, aspectos pouco coñecidos deste sabio soterrado no Panteón dos Galegos Ilustres.
Información práctica
ACTIVIDADE: Proxección do documental e Conversa
TÍTULO: Fontán. O primeiro rostro de Galicia
CONVERSA CON: Elena Vázquez, Alberto Fortes e Francisco Alberto Varela
DATA: 7 de novembro
PÚBLICO: adulto
LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia
HORARIO: 19:00 horas
DURACIÓN: 80 minutos
PRAZAS: 30
De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
Enlace ao Mapa de Domingo Fontán en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia:
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=16556