Día das artes galegas na Biblioteca de Galicia 2024
Este ano o homenaxeado no Día das artes galegas é o escultor cambadés, Francisco Asorey. Con este motivo a Biblioteca de Galicia organiza un obradoiro para dar a coñecer a este marabilloso e singular artista entre os máis pequenos e pequenas. Co obxectivo de achegar os trazos máis representativos da súa vida e a súa obra, desenvolverase unha proposta na que os e as asistentes ao obradoiro crearán as súas propias esculturas a partir dun bosquexo que se realizará en papel.
O material que se utilizará no desenvolvemento da actividade será un bloque de materia branda, que nos permitirá realizar pequenas tallas dunha forma cómoda e segura, sen ter que reparar na forza de materiais como a madeira, a pedra e o mármore, que son os verdadeiros protagonistas das esculturas deste xenial escultor.
Info práctica
17.00 horas
Aula I
Público: 8 a 12 anos
Duración: 2 horas
Imparte: OQO Editora
De balde, previa reserva na web https://www.cidadedacultura.gal/