A peza teatral combina ciencia, humor e experimentación nun espectáculo repleto de curiosidades e preguntas sorprendentes
H2...Oh! é unha peza teatral de Teatro Ghazafelhos que combina ciencia, humor e experimentación nun espectáculo repleto de curiosidades e preguntas sorprendentes. A proposta, que terá lugar este sábado pola tarde, forma parte da programación do Mes da Ciencia da Biblioteca de Galicia.
Unha divulgadora científica e dous doutores de ciencias mundialmente coñecidos, Montsilia Brasilisca e Pepablov Pasparof, descubrirán ao público informacións tan singulares como que os paxaros foron os inventores dos cascos, por que hai animais que nunca beben auga ou por que o número Pi non remata nunca. Coa inestimable axuda do público, realizarán experimentos científicos que permitirán levar a teoría á práctica. A loucura destes científicos e a extravagancia dos seus experimentos farán que o público viva unha experiencia inesquecible, na que a curiosidade será o motor de cada descubrimento.
Baseada no libro homónimo de María Canosa, gañador do Premio Follas Novas 2021 á mellor publicación de divulgación, H2...Oh! está protagonizada pola propia autora, en calidade de divulgadora científica, xunto con Montse Piñón e Pepablo Patinho.
Teatro no Mes da Ciencia
COMPAÑÍA: Teatro Ghazafellos
DATA: 07/11/2026
PÚBLICO: Público familiar a partir de 6 anos
LUGAR: Auditorio da Biblioteca de Galicia
HORARIO: 18.00 horas
DURACIÓN: 50 minutos
PRAZAS: 125
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con
bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)