Letras Galegas na Biblioteca de Galicia 2024
A Biblioteca de Galicia conmemora un ano máis o Día das Letras Galegas cunha programación específica coa que rende a súa propia homenaxe á protagonista da efeméride neste 2024, Luísa Villata.
Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Da man de Vero Rilo, narradora oral; Nuria Vil, recitadora; e a música de Mónica de Nut, o legado e a voz de Luisa Villalta volven ao escenario. Un espectáculo con narración, poesía e música que empodera a figura e a obra dunha das máis interesantes poetas galegas.
Info práctica
19.00 horas
Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia
Público adulto (a partir de 12 anos)
De balde, previa inscrición na web https://www.cidadedacultura.gal/