Indómitas. Nove ondas a Begoña Caamaño | Concerto na Biblioteca de Galicia

Imaxe

A voz de Uxía e a arpa de Bleuenn Le Friec únense nun concerto íntimo arredor da escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas

A voz de Uxía e a arpa de Bleuenn Le Friec únense nun concerto íntimo arredor de Indómitas: Nove ondas a Begoña Caamaño, o libro-disco que rende homenaxe á escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. A través de cancións inspiradas na súa obra literaria, música e palabra entrelázanse para achegarnos ao universo dunha autora libre, rebelde e insubmisa.

Unha proposta musical que terá lugar este vernes 20 de novembro no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, que reivindica o legado literario de Begoña Caamaño, o seu compromiso feminista e a súa defensa da lingua e da xustiza social, nunha homenaxe ás mulleres que soñan e transforman o mundo.

Espectáculo polo Día da Música

ACTIVIDADE: Concerto 

CON: Uxía Senlle e Bleueen Le Friec

DATA: 20/11/2026

PÚBLICO: Xeral

LUGAR: Auditorio da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 19.00 h.

DURACIÓN: 70 minutos

PRAZAS: 125

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)