A Biblioteca festexa o Día das Artes Galegas dedicado a Isaac Díaz Pardo cun obradoiro de creatividade
Un obradoiro para que a cativada poida converterse en investigadores do seu propio laboratorio de formas. Con motivo do Día das Artes Galegas, dedicado este ano a Isaac Díaz Pardo, a Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro Isaac Díaz Pardo. Un laboratorio de ideas para estimular a creatividade da cativada da man do ilustrador Yago García.
Esta actividade animará aos máis pequenos a traballar sobre diversos exercicios que incentiven a creatividade para extraer formas que darán lugar as súas pezas artísticas. Utilizarase a técnica do cadáver exquisito e o automatismo artístico para aprender conceptos como a sinxeleza visual, as formas elementais ou a descomposición xeométrica.
Información práctica
Obradoiro: Isaac Díaz Pardo. Un laboratorio de ideas
Data: sábado 5 abril
Público: Cativada entre 8 e 12 anos
Lugar: Aula I da Biblioteca de Galicia
Horario: 17.30 horas
Duración: 1 hora e 30 minutos
Entrada de balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura