José Suárez: arte e vangarda | Obradoiro polo Día das Artes Galegas na Biblioteca

Imaxe

Nesta actividade a cativada poderá afondar na figura do fotógrafo combinando ás súas imaxes máis coñecidas, ideas e imaxinación

Queres descubrir todos os segredos da obra de José Suárez? A Biblioteca de Galicia organiza este sábado 28 de marzo o obradoiro José Suárez (1902-1974): terra e vangarda no que a cativada de entre 8 e 12 anos poderá afondar, a través da creatividade, na figura deste fotógrafo ao que se lle dedica o Día das Artes Galegas.

Ao longo da actividade, achegarémonos ás súas imaxes máis coñecidas para entender como contaba historias coas súas fotografías e que as fai tan especiais. Descubriremos, por exemplo, por que moitas das persoas que retrataba non miran á cámara, que significa facer unha foto desde abaixo ou como os obxectos que aparecen nas imaxes nos dan pistas sobre a vida de quen sae nelas.

Ademais, o obradoiro será tamén un espazo para crear e experimentar, no que as nenas e nenos construirán o seu propio mapa visual para seguir as pegadas de Suárez polos lugares que visitou e polas persoas que fotografou, combinando imaxes, ideas e imaxinación para coñecer mellor a súa historia dun xeito divertido e participativo.

Conmemoración do Día das Artes Galegas

Obradoiro: José Suárez (1902-1974): terra e vangarda

Imparte: África Martínez e Ana Barreiro de Taller Abierto

Data: sábado 28 de febreiro

Público: De 8 a 12 anos

Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia

Horario: 17:30 horas

Duración: 90 minutos

Prazas: 25

De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura

Información práctica

  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode queda algunha libre de haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]ga)l
  • Dirixido a cativada entre 8 e 12 anos. As prazas de acompañantes son para nenos/as que participen no obradoiro.
  • Os adultos NON poderán permanecer na aula durante o obradoiro.
Día das Artes