Conversa sobre lecturas que inspiran, curan e alimentan para conmemorar o Día da lectura
Na Biblioteca de Galicia organizamos unha conversa sobre libros para celebrar o 3 de novembro o Día da lectura, escollido no Calendario do libro e da lectura por coincidir con aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas.
Nesta conversa participarán Lorena Bembibre, médica e lectora militante creadora da conta @loeenlasnubes; Emma Pedreira, escritora e bibliópata confesa; e Carlos Negro, escritor e crítico literario.
Con eles compartiremos o amor polos libros no Día da lectura, xunto a lectoras e lectores apaixonados, aos que se entregan ao pracer das palabras e das historias. Esta charla tentará ser unha posta en común da sintomatoloxía das persoas biblópatas: ese formigueo ao soster o libro por vez primeira nas mans, a curiosidade inesgotable das historias alleas, e a desconexión do tempo real ao adentrarnos noutros mundos. Será tamén unha conversa sobre os libros que nos fan ser, das lecturas que nos marcaron, as que nos inspiran, curan e alimentan.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
ACTIVIDADE: Conversa
PARTICIPAN: Emma Pedreira, Lorena Bembibre (@loenlasnubes) e Carlos Negro.
DATA: 3 de novembro
PÚBLICO: adulto
LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia
HORARIO: 19.00 horas
DURACIÓN: 70 minutos
PRAZAS: 40
De balde, precisa inscrición na web cidadedacultura.gal: