Mago,científico… Por que non as dúas á vez?

Imaxe

A maxia e a ciencia únense nunha nova actividade da Biblioteca de Galicia para celebrar o Mes da ciencia en galego

Pode un obradoiro ser un divertido espectáculo de maxia? Pódese ser á vez un mago e un científico? 

Durante 60 minutos terás que prestar toda a túa atención para descubrir e aprender os xogos e trucos de maxia que os expertos do CSIC traen á Biblioteca de Galicia. Así poderás converterte en mago/a e sorprender na casa e no cole a todos cos teus trucos de maxia.

Información práctica

 

ACTIVIDADE: Obradoiro

TÍTULO: Mago,científico Por que non as dúas á vez?

IMPARTE: CSIC

DATA: 15 de novembro

PÚBLICO: infantil de 8 a 12 anos

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 17.00 horas

DURACIÓN: 60 minutos

PRAZAS: 20

De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura

mesdaciencia_2