Cris de Caldas achega ao público a obra de Begoña Caamaño revisitando os mitos que ela mesma escribiu como unha homenaxe viva
Pandora cambiou o mundo movida pola súa curiosidade. Así como ela, Begoña Caamaño transformou o mundo que nos contaron, imaxinando e reescribindo outros relatos. Porque mudar o relato é tamén unha forma de cambiar o mundo.
Mitoloxía disidente. A caixa de Begoña, é un espectáculo de narración oral da man de Cris de Caldas que achega ao público á vida e obra de Begoña Caamaño como unha homenaxe viva, revisitando os mitos que ela mesma reescribiu —Penélope, Circe, Morgana…— e tamén aqueles que non chegou a rematar, como Sherezade.
A través da palabra, o espectáculo que terá lugar este sábado ás 19.00 horas no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, confronta a versión tradicional destes mitos coa mirada única da autora, ofrecendo outras lecturas posibles: máis xustas, máis libres e abertas á imaxinación. Unha oportunidade para descubrir como a narrativa pode ser unha ferramenta poderosa para repensar historias e, con elas, o mundo que nos rodea.
Día da Narración Oral
TÍTULO: Mitoloxía disidente. A Caixa de Begoña
DATA: Sábado 14 de marzo
PÚBLICO: A partir de 12 anos
LUGAR: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia
HORARIO: 19.00 horas
DURACIÓN: 50 minutos
PRAZAS: 125
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- O espectáculo é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con
bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)