«Molto Barroco» de Píscore

Imaxe

Día da Música na Biblioteca de Galicia

Unha festa da mellor música barroca, un espectáculo cargado de humor onde as personaxes, as músicas, o teatro cómico e os espazos escénicos compoñen un mosaico que funciona á perfección para o goce de cativada e persoas adultas. Píscore Teatro trae ao Gaiás Molto Barroco, unha proposta escénica coa que a Biblioteca de Galicia vos convida a festexar en familia o Día Europeo da Música.

Info práctica

18:00h.
Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia
Público: familiar
Duración: 60 minutos
De balde, previa inscrición na web https://www.cidadedacultura.gal/