Monstros! Un obradoiro de Luís Sendón para poñer os pelos de punta

Imaxe

A Biblioteca de Galicia celebra o Día da Ilustración 2025 con actividades destinadas a público familiar

Quen di que os monstros teñen que ser malos?  A maneira na que debuxamos as cellas, os ollos ou a boca pode converter ao monstro máis terrorífico nun ser amigable e tenro. En conmemoración polo Día da Ilustración, a Biblioteca de Galicia organiza o sábado 1 de febreiro o obradoiro Monstros! Un obradoiro para poñer os pelos de punta, impartido polo ilustrador e deseñador gráfico Luís Sendón. 

Esta actividade pretende traballar, a través do debuxo, na identificación das emocións para cultivar a intelixencia emocional dende unha idade temperá. As nenas e nenos partirán de bosquexos e formas xeométricas para abordar os distintos estados de ánimo e a súa expresión. 

Así, os obxectivos desta actividade son espertar o interese da rapazada polo mundo do cómic e a lectura, exercitar as súas habilidades plásticas e poder identificar as emocións. 

Información práctica

Data: 1 de febreiro

Horario: de 17:00 a 18:00h

Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia

Público: cativada de entre 7 e 11 anos

De balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura ata esgotar as 20 prazas (As reservas son só para a rapazada)