O edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia permanecerá pechado o sábado 11 a partir das 15:30

Imaxe

O motivo é a celebración dun evento musical na Praza Central da Cidade da Cultura.

Informamos ás persoas usuarias que o edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia permanecerá pechado hoxe pola tarde a partir das 15:30 horas debido á celebración do concerto de Feid (Ferxxo), dentro da súa xira Falxo Tour.

Sentimos as molestias ocasionadas. Para máis información sobre este evento pódese consultar a páxina web da Cidade da Cultura. https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/feid-falxo-tour