O edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia permanecerá pechado os días 28 e 29 de agosto a partir das 15.00 horas

Imaxe

O motivo é a celebración de varios eventos musicais na Praza Central da Cidade da Cultura

Informamos ás persoas usuarias que o edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia permanecerá pechado os próximos 28 e 29 de agosto a partir das 15.00 horas debido á celebración de varios eventos musicais na Praza Central da Cidade da Cultura.

O venres 28 de agosto aterra en Santiago de Compostela o festival emerxente Lingua Urbana, trala súa edición de primavera en Vigo. Mentres que o sábado 29 de agosto celebrarase unha nova edición do Wake up! SdC, o festival que reúne DJ e artistas nacionais e internacionais de música electrónica.

Para máis información sobre estes eventos, pódese consultar a páxina web Concertos do Xacobeo. Sentimos as posibles molestias ocasionadas e rogamos comprensión ás persoas usuarias.