O edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia permanecerá pechado os días 5, 6, 12 e 13 de xuño a partir das 15.00 horas

Imaxe

O motivo é a celebración de varios eventos musicais na Praza Central da Cidade da Cultura

Informamos ás persoas usuarias que o edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia permanecerá pechado os próximos 5, 6, 12 e 13 de xuño a partir das 15.00 horas debido á celebración de diferentes eventos musicais na Praza Central da Cidade da Cultura.

O venres 5 e o sábado 6 de xuño terá lugar o Wake up SDC, o festival que reúne DJ e artistas nacionais e internacionais en dúas xornadas dedicadas á música electrónica. 

O venres 12 de xuño será a quenda da primeira edición de El Campus, un novo festival universitario con música en directo, DJ, food trucks, barras, xogos e diferentes actividades ao longo da noite. 

E, por último, o sábado 13 de xuño celebrarase o PetaZeta Pop XXL, unha festa de tardeo ao aire libre con música centrada nos grandes éxitos dos anos 90 e 2000.

Para máis información sobre estes eventos, pódese consultar a páxina web da Cidade da Cultura. Sentimos as posibles molestias ocasionadas e rogamos comprensión ás persoas usuarias.