Obradoiro Caroutas de entroido 2026 na Biblioteca

Imaxe

A actividade convida a crear unha máscara única ao tempo que se reflexiona sobre o entroido como un período de desfrute, respecto e celebración

Xa se achega o entroido! Para prepararse para unha das festas máis divertidas do ano, este sábado ás 17.30 horas, a Biblioteca de Galicia propón un obradoiro de elaboración de máscaras no que a cativada poderá dar renda solta á súa creatividade empregando materiais e técnicas accesibles e sostibles.

A actividade convida a crear unha máscara única ao tempo que se reflexiona sobre o entroido como un período de desfrute, respecto e celebración colectiva. Dun xeito lúdico, participativo e divertido, o obradoiro achega ás persoas participantes ao entroido tradicional galego e tamén a outras manifestacións de distintos lugares do mundo.

Unha proposta pensada para achegar aos máis cativos ás expresións máis populares e menos coñecidas desta festividade, fuxindo dos estereotipos e da estandarización desta celebración, e poñendo en valor a diversidade do noso patrimonio cultural.

Información práctica

Obradoiro: Imos facer a nosa carouta de entroido!

Imparte: Pedras de papel. Artesanía e patrimonio

Data: sábado 7 de febreiro

Público: De 6 a 12 anos

Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia

Horario: 17:30 horas

Duración: 90 minutos

Prazas: 25

De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura

Información práctica
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode queda algunha libre de haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]ga)l
  • Dirixido a cativada entre 6 e 12 anos. As prazas de acompañantes son para nenos/as que participen no obradoiro.
  • Os adultos NON poderán permanecer na aula durante o obradoiro.