Obradoiro de banda deseñada | Como se fixo 'Rosalía Oculta'. Anímaste a crear a túa?

Imaxe

A Biblioteca de Galicia conmemora o Día do Cómic cunha actividade de narrativa ilustrada da man de Paula Mayor

Queres aprender a crear unha banda deseñada? A Biblioteca de Galicia conmemora o Día do Cómic cun obradoiro que achega o proceso de elaboración dende 0 dunha narrativa ilustrada da man de Paula Mayor, autora de Rosalía Oculta, que foi Premio Castelao de Banda Deseñada en 2023.

Nesta actividade, dirixida á rapazada a partir de 15 anos, farase un percorrido pola historia do cómic e do proceso de creación dunha narrativa. A través da obra Rosalía Oculta, veranse os pasos a seguir para crear unha banda deseñada a partir dunha biografía e construír un personaxe dende súas vivencias. 

O obradoiro abarcará todas as fases do proceso de creación: a cronoloxía, a documentación, a sinopse, o storyboard... e tamén ferramentas narrativas como a cor ou a simboloxía. Ademáis, contará cunha práctica para liberar e estimular a creatividade. 

Para participar na actividade non é preciso ter experiencia previa coa banda deseñada nin saber ilustrar. Nela se proverá de todos os materiais necesarios, mais os participantes tamén poden traer as súas propias ferramentas de debuxo. 

Información práctica

Data: 15 de marzo

Horario: de 17:30 a 19:00h

Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia

Público: a partir de 15 anos

Importante:
  • De balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura ata esgotar as 14 prazas.
  • Cada persoa deberá realizar unha reserva por cada rapaz/a
  • Os obradoiros non admiten persoas adultas acompañantes.
Obradoiro banda deseñada Día do cómic