Esta actividade celebra a creatividade e o humor de Siro López, o homenaxeado deste ano, e estará impartida por Yago García
Este ano 2026, o Día da Ilustración celebra a creatividade e o humor de Siro López, un dos caricaturistas máis recoñecidos da nosa Comunidade. Para festexar a súa obra, a cativada poderá participar neste obradoiro da Biblioteca de Galicia no que collerán lápis e cores, deixarán voar a imaxinación e descubrirán que debuxar tamén pode ser un xogo cheo de diversión.
Esta proposta, que terá lugar o sábado 31 de xaneiro ás 17.30 horas na Aula I da biblioteca, achegará aos nenos e nenas á obra de Siro para coñecer de preto o seu estilo e a súa maneira de entender a ilustración. A partir das súas referencias, traballarase na creación de ilustracións propias inspiradas no seu universo creativo, experimentando con técnicas e estilos diversos e animando a perder o medo a probar cousas novas.
O obradoiro estará impartido por Yago García, ilustrador e psicólogo de formación, unha formación pouco habitual que o levou a entender o debuxo como algo máis ca unha disciplina artística: unha forma de pensar e expresarse. Desde hai máis de dez anos, compaxina o seu labor profesional coa realización de obradoiros de debuxo, creatividade e cómic, nos que anima a nenos, mozos e persoas adultas a soltarse, divertirse e perder o medo á páxina en branco.
Día da Ilustración 2026
Obradoiro: A vida nun lapis
Imparte: Yago García
Técnica: Mixta (lápices, marcadores, ceras...)
Data: sábado 31 de xaneiro
Público: De 8 a 12 anos
Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia
Horario: 17:30 horas
Duración: 90 minutos
Prazas: 15
De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
Información práctica
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode queda algunha libre de haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]ga)l
- Dirixido a cativada entre 8 e 12 anos. As prazas de acompañantes son para nenos/as que participen no obradoiro.
- Os adultos NON poderán permanecer na aula durante o obradoiro.