A través de poemas, relatos e cancións, Emma Pedreira achega a figura de Rosalía de Castro á cativada dun xeito diferente
Poesía contada, poesía pintada é unha actividade na que a poeta Emma Pedreira nos lanza unhas preguntas: coñeces a Rosalía de Castro? Gústache a poesía? Non? Pois daquela esta é a túa actividade! (Bueno, e se che gusta tamén). Unha proposta para celebrar na Biblioteca de Galicia o día do nacemento de Rosalía de Castro, na que Emma Pedreira convida á cativada —acompañada dunha persoa adulta responsable— a pintar mentres ela conta.
A través de poemas, relatos e cancións, achegarémonos á figura de Rosalía de Castro dun xeito diferente: escoitando, imaxinando e creando. Mentres as palabras soan, as mans traballan: ilustramos, pintamos, estampamos e facemos colaxes para descubrir que a poesía non é algo difícil nin afastado, senón un lugar distinto ao que podemos entrar coas nosas propias cores.
Emma Pedreira é filóloga, escritora e artista plástica, autora de máis de dez títulos e galardoada con premios como o da Crítica Española, o Xerais, o Fiz Vergara Vilariño ou o Jules Verne. O seu libro máis recente, Inventaria. Poesía reunida 1999-2009, recolle os seus primeiros dez anos de andaina poética e amosa a forza dunha voz propia e singular.
Un obradoiro para escoitar, experimentar e crear un pequeno libriño de poesía pintada que cada participante poderá levar para a casa: unha maneira diferente e viva de celebrar a palabra.
Información práctica
Actividade: Obradoiro de Poesía sobre Rosalía de Castro
Título: Poesía contada, poesía pintada
Imparte: Emma Pedreira
Data: sábado 28 de febreiro
Público: Obradoiro familiar, para nenas/os desde os 6 anos acompañados dunha persoa adulta responsable
Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia
Horario: 17:30 horas
Duración: 2 horas
Prazas: 30 (15 nenos/as acompañados/as de 1 adulto)
De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
Información práctica
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode queda algunha libre de haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]ga)l