Celebramos o Día da música da man de Pakolas e Laura Romero
Este espectáculo para público infantil e familiar conta e canta con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel. Ramona é xefa na súa horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxaremos ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.
Así, a través das cancións, a narración e as ilustracións, saltaremos a diferentes épocas, dende as cavernas ata o futuro. Con Ramona viaxaremos á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario, que acaba de descubrir o lume; visitaremos a Leonardo Da Vinci no Renacemento e participaremos das súas creacións e tamén acudiremos ao Antigo Exipto cun tal Ramsés ao que lle cheiran os pés.
Información práctica
Espectáculo: Ramona Órbita. A dona do tempo
Compañía: Pakolas (música e narración) e Laura Romero (ilustradora ao vivo)
Data: sábado 22 de novembro
Público: Infantil e familiar
Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia
Horario: 18.00 horas
Duración: 60 minutos
Prazas: 120
De balde, precisa inscrición na web da CdC
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/ramona-orbita-dona-do-tempo-e…