Suxestións literarias para padais intrépidos | Día da lectura na Biblioteca de Galicia

Imaxe

Nesta proposta, o público poderá descubrir novos sabores literarios, compartir recomendacións e deixarse sorprender polos libros

Este 3 de novembro, celebramos o Día da Lectura cun menú degustación moi especial na Biblioteca de Galicia. Unha proposta para descubrir novos sabores literarios, compartir recomendacións e deixarse sorprender polos libros.

Na carta haberá lecturas a baixa temperatura, reducións de recomendacións narrativas, maridaxes de poetas e glaseados de títulos imprescindibles. Non faltarán os clásicos petiscos nin as novidades para a sobremesa.

Para esta experiencia contaremos con tres chefs de excepción, que nos descubrirán os seus sabores literarios favoritos: o escritor Jorge Rodríguez Durán, autor de Carnívoras e domésticas; a divulgadora e bookstagramer Inés Arias, detrás da conta @cuncaelibros; e a escritora e artista multidisciplinar Lucía Aldao, autora de Todo isto antes era noite.

Conversa polo Día da Lectura

PARTICIPAN: Inés Arias, Jorge Rodríguez Durán e Lucía Aldao

DATA: 03/11/2026

PÚBLICO: Adulto

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 19.00 h.

DURACIÓN: 70 minutos

PRAZAS: 35

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Día da Lectura