Teatro I Brincadeiras da lingua

Imaxe

Celebramos o Día europeo das linguas cun espectáculo de Migallas Teatro

"Brincadeiras da lingua" é un espectáculo, que combina narración oral, monicreques, cancións e outros recursos. O seu obxectivo é dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. 

A través dunha divertida selección de devanditos tradicionais, os nenos e nenas poderán gozar, rir e participar, á vez que se fomenta a transmisión destas expresións tamén no ámbito familiar.

Un plan perfecto para que pequenos e maiores compartan a maxia das palabras da nosa tradición.

Teatro: Brincadeiras da lingua

Imparte: Migallas Teatro

Data: Sábado 27 de setembro

Público: Infantil e familiar.

Lugar: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia

Horario: 18:00 horas

Duración: 50 minutos

Prazas: 120

De balde, previa inscrición na web da Cidade da Cultura 

Se as prazas están esgotadas, estate atento porque poden quedar prazas libres ao haber anulacións. 

Para calquera consulta escribe a bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)

bricadeiras_3