Travesía unicornio | Teatro na Biblioteca polo Día do libro Infantil e Xuvenil

Imaxe

A obra é unha proposta chea de humor que cuestiona os roles tradicionais de xénero e abre a porta a que a cativada decida libremente sobre os seus gustos

Travesía unicornio chega este sábado 11 de abril á Biblioteca de Galicia con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil da man de Teatro Ghazafellos.

A obra é unha adaptación teatral de Pepablo Patinho do libro de María Canosa, gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil e publicado por Edicións Embora en marzo de 2023. A historia presenta a un neno e o seu unicornio que se atopan cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Para conseguilo, deberán escoitarse, aceptarse e, sobre todo, respectar tamén os desexos das demais persoas.

Unha proposta chea de humor que cuestiona os roles tradicionais de xénero e abre a porta a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos.

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

ACTIVIDADE: Espectáculo teatral

TÍTULO: Travesía Unicornio

COMPAÑÍA: Teatro Ghazafellos

DATA: sábado 11 de abril

PÚBLICO: Familiar e infantil a partir de 5 anos

LUGAR: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18.00 horas

DURACIÓN: 50 minutos

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • O espectáculo é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con 
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Travesía unicornio