Celso Fernández Sanmartín, Guti e Quico Cadaval recuperan historias, crenzas, romances e personaxes ligados ás festas populares
Tres vellas, tres narradores e unha viaxe ao universo das romarías galegas. Tres Vellas na Romaría é un espectáculo de narración oral no que Celso Fernández Sanmartín, Guti e Quico Cadaval recuperan historias, crenzas, romances e personaxes ligados ás festas populares, nunha mestura de humor, tradición e memoria.
O espectáculo poderá verse na Biblioteca de Galicia con motivo do Día do Patrimonio Inmaterial o próximo sábado 17 de outubro, nunha celebración da palabra contada como unha das formas máis antigas de expresión teatral.
As tres vellas poñían os seus mellores panos rameados para saír bailar muiñeiras, xotas e bailes charros nos turreiros das festas. O seu mundo estaba feito de milagres, ofrendas devotas, supersticións, relatos humorísticos e ese particular equilibrio entre a fe e o espírito festeiro.
Agora, as tres vellas regresan para contalo. Unha viaxe entre os xeonllos esfolados das procesións e os pés encalecidos dos bailes, entre o sagrado e o profano, a través da palabra de tres narradores que recuperan este universo coa frescura dun tempo que semella pasado, pero que aínda vive nas historias.
Conmemoración do Día do Patrimonio Inmaterial
ACTIVIDADE: Espectáculo de narración oral
TÍTULO: TRES VELLAS NA ROMARÍA
COMPAÑÍA: Quico Cadaval, Celso Fdez. Sanmartín e José Luis Gutiérrez Guti
DATA: 17.10.2026
PÚBLICO: A partir de 13 anos.
LUGAR: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia
HORARIO: 19.00 h.
DURACIÓN: 90 minutos
PRAZAS: 125
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con
bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)