Celebra o Día do cómic na Biblioteca de Galicia cun obradoiro de Sandra Lodi
Queres deseñar a túa propia personaxe a través do xogo e do humor?
Da man da ilustradora Sandra Lodi serás capaz de facela protagonista dunha mini banda deseñada que crearás neste obradoiro utilizando ideas aleatorias que estimulen a túa imaxinación e enxeño.
Sandra Lodi é autora da novela gráfica Adelina, XIX Premio Castelao de banda deseñada 2024.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
Título do obradoiro: Unha banda deseñada chispeante!
Imparte: Sandra Lodi
Data: 21/03/2026
Idades: 7 a 12 anos
Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia
Horario: 17:30 horas
Duración: 1h 30 minutos
Prazas: 20
Esta actividade é de balde, previa inscrición na seguinte páxina web:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/unha-banda-desenada-chispeant…
Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre de de producirse anulacións.
Para calquera consulta, contactar con bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)