Da man da ilustradora Sandra Lodi, a cativada poderá crear e achegarse ao mundo da banda deseñada dun xeito divertido e creativo
Queres deseñar o teu propio personaxe a través do xogo e do humor? En conmemoración do Día do Cómic, a Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro Unha banda deseñada chispeante, da man da ilustradora Sandra Lodi, autora da novela gráfica Adelina, XIX Premio Castelao de banda deseñada 2024.
Nesta proposta, a cativada poderá crear unha mini banda deseñada utilizando ideas aleatorias que estimulen a imaxinación e enxeño, favorecendo a creatividade e o gusto pola narración a través do debuxo, nun ambiente lúdico e participativo.
Unha actividade perfecta para achegarse ao mundo da banda deseñada dun xeito divertido e creativo.
Conmemoración do Día do Cómic
Título do obradoiro: Unha banda deseñada chispeante!
Imparte: Sandra Lodi
Data: 21/03/2026
Idades: 7 a 12 anos
Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia
Horario: 17:30 horas
Duración: 1h 30 minutos
Prazas: 20
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con
bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)