Vente vindo

Imaxe

Achégate a escoitar a Celso Fernández Sanmartín para conmemorar o Día do patrimonio inmaterial

A Biblioteca de Galicia celebra o Día do patrimonio inmaterial co espectáculo VENTE VINDO, da man de Celso Fernández Sanmartín, colleitador e contador de historias. 

Ademais da xeografía española ten percorrido numerosos escenarios europeos levando o seu repertorio de contos e memorias herdadas. Como poeta leva publicados varios libros. Por preservar e difundir a tradición oral galega recibiu o premio Rebulir da Cultura Galega no ano 2022.

No tempo de andar miña avoa, Carmen Guerra González, nas feiras, cruzou un home de Lalín chorando que lle roubaran os cartos dunha vaca que tiña a medias (ter unha vaca a medias era que un era dono da vaca e outro coidáballa, e cando a vaca paría un becerro, se se levaban á feira, a gañancia repartíase a medias), e apareceu no tumulto unha muller que lle preguntou por que choraba? e cando o soubo, contaba miña avoa, a muller levantou unha mau e apareceron alí ó momento tres, e dixo en alto, "Que aparezan os cartos deste home", e eles marcharon e ó nadiña apareceron cos cartos. Eran da cuadrilla de Pepa a Loba.

E así me criei eu, cunha idea xusta ben contada.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

DATA: venres 17 de outubro

PÚBLICO: adulto

LUGAR: Aula I da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 19:00 horas

DURACIÓN: 60 minutos

PRAZAS: 120

De balde, precisa inscrición na web da Cidade da Cultura

imaxe_CFS_3